sábado, 22 de noviembre de 2014

Ola a todos.
Xa está en marcha a liga individual 14-15. Hai dúas categorías, unha feminina e outra masculina. 
A feminina ten 7 xogadoras e a categoría masculina ten dous grupos, cun total de 15 participantes.
Esperamos acabar os enfrentamentos antes das navidades para logo xogar as finais de cada categoría.
Sorte a todos os participantes!!!

viernes, 24 de octubre de 2014

Tempada 14-15

Hola a todos. Damos por inaugurada a nova tempada 2014-15. As pricipais novidades é o aumento do número de socios, (xa estamos en 40), o aumento no número de horas do pavillón, (este ano temos un día máis, o xoves de 21:00 a 23:00 horas) e a participación en xuntanzas de veteráns con clubes de asturias.
Continuaremos co cursiño os venres de 18:00 a 20:00 horas (este ano con dúas modalidades, iniciación e perfeccionamento) e ca liga interna.
En canto ás xuntanzas de veteráns, xa participamos na primeira delas, levada a cabo o pasado día 4 de outubro en Luarca, organizada polo clube recta Final de Luarca. Pasámolo xenial. A vindeira terá lugar o próximo 8 de Novembro en Viveiro.

Gracias a todos pola vosa participación.

domingo, 20 de octubre de 2013

ARRANCAN O CURSIÑO E A LIGA INTERNA

Ola a todos. Comenzamos xa a nova tempada, co arranque do cursiño de bádminton e co arranque da 1ª liga interna individual.
Ao longo das vindeiras semanas irei colgando os resultados dos partidos así como as clasificacións.

Saúdos